El pabellón que protegerá el dolmen de Dombate empieza a tomar forma

diciembre 1, 2010 by  
Filed under Cabana

Comentarios desactivados en El pabellón que protegerá el dolmen de Dombate empieza a tomar forma

El proyecto de puesta en valor del dolmen de Dombate ha entrado en su recta final con la construcción del tejado del pabellón que protegerá el yacimiento. Las obras llevan un ligero retraso con respecto a las previsiones iniciales, por lo que la empresa adjudicataria trabaja incluso los fines de semana para cumplir los plazos.

El complejo megalítico tiene que estar terminado antes de que concluya este año, aunque todavía no hay una fecha concreta.

El tejado es la parte más llamativa del proyecto, pero también es la que ha dado más problemas. Primero hubo que esperar por las vigas de madera, que proceden de Noruega, y después se produjo un pequeño parón porque no había llegado todo el material.

Ese es el motivo por el que la adjudicataria tuvo que volcarse en el edificio de recepción de visitantes, en lugar de comenzar por el techado de la zona del yacimiento con el fin de que el dolmen no sufriera con las lluvias de otoño, como se había planeado inicialmente.

A finales de la semana pasada comenzaron ya los trabajos de construcción del tejado, que consiste en un entramado de vigas de madera que se cubrirá con planchas de cobre, como ya se ha hecho en la construcción de la entrada, donde se instalará el equipamiento de la musealización, que estará destinado a mostrar a los visitantes cómo era la vida de los que construyeron el dolmen de Dombate y el uso que le dieron.

www.lavozdegalicia.es

A asociación Hijos de Zas de Bos Aires cumpre 85 anos

octubre 19, 2009 by  
Filed under Zas

Comentarios desactivados en A asociación Hijos de Zas de Bos Aires cumpre 85 anos

Dentro duns días a asociación Hijos de Zas celebrará en Bos Aires a festa do Carme. Será unha festa moi especial, pois este ano cumpre o seu 85 aniversario. Aínda que en realidade xa o celebrou, pois a entidade foi fundada o día 1 de febreiro de 1923, baixo o nome de Hijos del Ayuntamiento de Zas. Esta orixe non foi casual. Nas dúas primeiras décadas do século XX produciuse unha tremenda emigración á Arxentina, que levou a que os nosos paisanos comezasen a asociarse. Nacen así ducias de sociedades, entre elas algunhas da Costa da Morte, como a de Ponteceso e Cabana, a de Laxe, a de Sardiñeiro, a da Ponte do Porto, Xaviña, Cereixo e Carnés, e había tamén unha sociedade chamada Hijos de Santa Comba, Zas, Cabana y Coristanco que en agosto de 1923 cambiará o seu nome polo de Hijos de Santa Comba y anexos.

Pero a principal sociedade da zona creada nesa época foi a ABC do Partido de Corcubión, fundada en agosto de 1922 como unha sociedade integradora dos emigrantes de todo o partido xudicial. Mais xa no seu comezo houbo unha escisión que provocou a creación da SCyA de Muxía, e en 1926 a expulsión duns socios fisterráns fixo que estes creasen a entidade Finisterre en América. Con todo, a ABC vai medrar considerablemente, e en 1924 xa contaba con máis de 600 socios, dos que só 14 pertencían ao concello de Zas. Xa que logo os veciños deste municipio preferiron a entidade municipal á comarcal. Cremos que, polo menos nestes primeiros anos, os emigrantes que procedían de Baio e arredores ingresaban na ABC, e os do resto do concello facíano na sociedade municipal. Neste feito posiblemente tivese moito que ver a figura do poeta-canteiro baiés Pepe Collazo, pois a meirande parte dos novos socios do concello de Zas na ABC nesta altura eran presentados por Collazo.

Como dixemos, a asociación Hijos del Ayuntamiento de Zas foi creada en febreiro de 1923, e a súa acta fundacional está asinada por 76 socios, que elixen por presidente a Francisco Miranda. Os fins que establecen na súa creación son os de axudar económicamente aos asociados enfermos ou ás familias en caso de morte. Os cartos sacábanos das cotas dos socios ou da celebración de actos para o tempo de lecer. Con respecto a isto, en outubro de 1939 a asemblea da ABC resolve, a petición de Pepe Collazo, que os compoñentes da asociación Hijos del Ayuntamiento de Zas participen dos mesmos beneficios que os afiliados da ABC nas festas sociais que estes organizaban.

Guerra civil

Coa guerra civil, a sociedade zasense non quedou de brazos cruzados e así, segundo lemos no semanario Galicia, decide «realizar festivales y tratar por todos los medios legales a su alcance de adquirir fondos, ropas, víveres, etc., para ayudar a los niños huérfanos de la República Española».

A partir de 1941 cambiou a súa denominación pola de Asociación Hijos de Zas. Ao longo da súa historia tivo importantes presidentes: ademais de Francisco Miranda, os seus continuadores José María Mouro, Higinio Fernández e Daniel Mouro, ou xa máis avanzado o tempo, Ovidio Espasandín e Severino Pose, que estiveron cadanseus catorce anos á fronte da entidade. En 1946, unha lei do goberno peronista fai que teñan que abandonar os seus fins asistenciais e centrarse nas actividades lúdicas e sociais. Xa que logo, deciden xuntar cartos para mercar un campo recreativo, o que conseguirán na década seguinte cun terreo na zona de Quilmes.

Os emigrantes zasenses celebran dúas festas principais no ano: o aniversario da súa fundación, en febreiro, e a festa do Carme, en xullo. Nelas son típicos os bailes, as cancións e mesmo pezas teatrais galegas. Posiblemente para unha desas festas nacería o Himno de Hijos de Zas , composto en 1939 por Enrique Mouro, que sacamos do libro de Núñez Seixas, O inmigrante imaxinario : «En aquel hermoso día/ cuando a Zas él llegó/ era la fiesta del Carmen/ en la que él se divirtió./ Al son de las gaitas y bandas/ orquestas y castañuelas/ bailaban las juventudes/ y hasta las gentes abuelas./ El joven pronto observó/ que un coro bien formado/ despidiéndose tristón/ esta canción ha entonado./ Yo soy de Zas, de Zas me voy/ pero volveré?/ Si no vuelvo/ yo me moriré?/ Porque en Zas dejamos/ muy bellos valores/ pues hay en sus mozas/ muy ricos amores./ El joven alegre/ a bailar empezó/ y esa misma tarde/ su novia eligió./ Simpática y tan graciosa/ la joven bella/ aceptó al joven y entonces/ dijo estas palabras de amor./ Que yo lo quiero de veras/ me honro tanto en decir/ pero de este mi pueblo/ nunca jamás me he de ir./ Cantemos mi niña hermosa/ que no saldremos ya más/ juntos aquí viviremos/ todos los hijos de Zas».

Nova sede

En 1998, coincidindo co seu 75 aniversario, inauguraron unha nova sede social na rúa Suárez 236, no barrio porteño de Boca. Actualmente conta cunha agrupación folclórica chamada Virxe do Carme e nos seus locais dan clases de gaita, pandeireta, acordeón e baile tradicional. En palabras recentes do seu actual presidente, Manuel Busto, «lo nuestro es la cultura, trabajamos por nuestras costumbres, por nuestras añoranzas, y de paso nos juntamos, los no tan jóvenes, a tomar un café y charlar un poco de Galicia».